Inscríbete gratis
no Fairway 19
Que é  Fairway?

 Fairway é o terceiro fórum con feira e congreso sobre o Camiño de Santiago, que se celebrará desde o 10 ao 12 de febreiro de 2019 no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia

Open Day Feira Congreso Workshop Academy Fairway Invest
Programa completo

Consulta o programa completo do Fairway 2019, tanto o domingo nas xornadas de Portas Abertas como no programa para profesionais de luns e martes cheo de conferencias coloquio, mesas de debate e obradoiros de formación cunha coidada seleción de ponentes nesta edición do Fairway, III Fórum del Camino de Santiago.

Podes ver os vídeos das conferencias coloquio e das mesas de debate do congreso do Fairway 2019 no noso canal de YouTube.

  • >> 09:30 - 13:30 / Open day

    AFORO COMPLETO. CANCELADA INSCRICIÓN

    Froito da reflexión de que moitos dos visitantes que veñen a Compostela non fan o Camiño de Santiago, dende Fairway, coa creación da ruta para esta III edición, queremos brindarlles a oportunidade de saírse dos circuítos turísticos habituais e poder disfrutar dun contacto máis próximo coa cidade. Ademais, co I Camiño, os santiagueses tamén terán a oportunidade de descubrir zonas descoñecidas da súa cidade con pinceladas ó camiño, sempre presente, pero probablemente pouco recoñecido pola población local.

     

    >> 10:00 - 19:00 / Open day

    Convérteche nun auténtico peregrino. Segue a frecha amarela ata atopar a mouteira de  Fairway. Alí poderás ataviarche como os peregrinos clásicos e facerche unha fotografía para compartir en todas as túas redes sociais. 

    >> 10:00 - 19:00 / Congreso

    A feira é o escaparate que ofrece visibilidade en  Fairway a todas aquelas empresas, organizacións, institucións ou destinos que queiran dar a coñecer os seus produtos ou recursos vinculados ao Camiño de Santiago, sendo así mesmo o marco ideal para que profesionais e público en xeral poida coñecelos e establecer unha primeira toma de contacto coas últimas novidades do sector. 

  • >> 10:30 - 19:00 / Open day

    Nos sotos do Palacio de Congresos compostelán foron achadas as antigas pertenzas dun misterioso peregrino, pero unha aciaga maldición que pesa sobre elas fixo que estraños fenómenos empecen a ocorrer no edificio.

    >> 11:00 - 18:00 / Open day

    O  mindfulness ou atención plena refírese ao estado mental que emerxe ao prestar atención ao momento presente de forma  intencional, sen xulgalo e centrándose na experiencia inmediata.

     

     

    >> 12:30 - 13:30 / Open day

    Os máis pequenos da casa serán protagonistas en Gastroway da man de Alberto lareo, que ofrecerá un taller de cociña para nenos e nenas de 5 a 12 anos con chiscos ó Camiño de Santiago. Durante o evento, os participantes poderán tocar, amasar e montar as diferentes elaboracións baixo a supervisión do chef do restaurante Manso, recomendado nas prestixiosas guías Repsol e Michelín.

     

  • >> 13:30 - 16:30 / Open day

    Todas as persoas que visiten Fairway o domingo terán a oportunidade de achegarse á gastronomía do Camiño de Santiago cunha selección de tapas baseadas nalgunhas das receitas máis típicas das diferentes vías xacobeas. Entre os pinchos que estarán dispoñibles atópanse, entre outros, a fabada asturiana e o maro marmitako do Camiño do Norte; as patacas á Riojana e o cordeiro ó chilindrón do Camiño Francés; as migas extremeñas ou sopa de allo da Vía da Prata; as pataniscas de bacalao ou o frango grelhado do Camiño Portugués; e a empanada ou a tarta de Santiago que esperan aos peregrinos en Compostela.  Para maridar as tapas, haberá tamén dispoñible unha barra de bebidas con viños dos diferentes territorios polos que discurre o Camiño. Cada tapa terá un pezo de 2€.

     

    Bon appetit!

     

    >> 14:00 - 18:00 / Open day

    Apaca, Asociación Protectora  Animais  do  Camiño, acompañaranos con algúns dos seus cachorros. Sabes que esta asociación recolle, atende e coida aos cans abandonados, perdidos ou maltratados no Camiño de Santiago e busca persoas dispostas a proporcionarlles unha vida mellor mediante a adopción ou a acollida? Tamén leva a cabo campañas de sensibilización e lanzou a primeira credencial para os  perregrinos. A carpa de  Apaca contará coa presenza do seu portavoz, Raquel Fritiría, e o educador canino Carlos Gómez, que poderá asesorar tamén aos donos de mascotas. 

    >> 16:00 - 19:00 / Open day

     Fairway está a preparar manualidades e xogos para que veñas pasar unha divertida tarde connosco aprendendo moitas cousas do Camiño de Santiago. Recorta e viches ao teu peregrino, lévache a túa vieira peregrina personalizada, cóntanos e debúxanos que é para ti o Camiño. Apúntasche?

    Talleres de manualidades e xogos para peques a partir de 3 anos. Aforamento máximo de vinte nenos simultaneamente. En caso de superarse o aforamento, limitarase o tempo de goce a unha hora. 

  • >> 17:00 - 17:45 / Open day

    María Rivera ofrecerá unha charla para todas aquelas persoas interesadas en saber que se necesita e que medidas adoptar para que a peregrinaxe xunto ao noso mellor amigo sexa todo un éxito. Tamén atenderá as consultas que poidan xurdir. María é xerente do albergue San Lázaro de Sarria, o que máis  perregrinos acolle de toda España e o mellor valorado polos usuarios. Ademais, está en posesión da credencial canina tras facer o Camiño co seu  perrita  Mai en 2018. 

    >> 18:00 - 18:45 / Open day

    Se os camiños non se manteñen, os camiños pérdense. Non se entendería a humanidade sen a súa vocación de desprazamento, os camiños son refrexo da colectividade e metáfora da propia vida, porque os camiños fanse para que a xente os ande, e non para unha sóa persoa, pero tamén cada persoa interioriza os camiños coa medida do seu esforzo, ritmo, necesidade e obxectivos.

    >> 19:00 - 19:45 / Open day

    A nosa  gaiteira máis internacional está a piques de comezar a xira coa que celebrará  o vinte aniversario do seu primeiro traballo discográfico e xusto antes estará connosco en  Fairway para ofrecer unha actuación en pequeno formato. Ídesvola a perder? 

Fairway Academy
Fairway Invest
Actualidade
Contactos
General
info@fairwaysantiago.com
T: +34 981 573145
Dirección: Plaza Marcial
Villamor Varela 1D, Bajo.
15703 Santiago de Compostela
Workshop
Congreso
Prensa
Feria
feria@fairwaysantiago.com
T. +34 981 592333
Invest

Fairway Santiago, Palacio de congresos e exposicións de Galicia

Edicións anteriores
Descarga a aplicación oficial de Fairway